Xunta de Galicia
Rede de Polos de Emprendemento
U4IMPACT
USC
Universidade de Vigo
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia · Rede de Polos · USC · UVigo · UDC · U4IMPACT

Programa
Innovación
e Talento Novo

Conectando retos reais de emprendedores galegos
co talento universitario

Un modelo que converte as necesidades reais do ecosistema emprendedor galego en oportunidades de aprendizaxe, innovación e empregabilidade para estudantes universitarios de Galicia.

Innovación real, sen custo
Apoio en innovación, dixitalización, marketing e sostibilidade sen custo directo para o emprendedor ou a empresa.
USC, UVigo e UDC
As tres universidades galegas mobilizadas para conectar o seu talento co ecosistema emprendedor galego.
7 Polos participantes (hasta agora nas edicións anteriores)
Cobertura en todo o territorio galego a través da Rede de Polos de Emprendemento da Xunta.

+96

emprendedores da Rede de Polos inscritos

+600

Estudantes interesados

+15

Polos de emprendemento

Un programa de

+96
emprendedores inscritos da Rede de Polos

"Cando o talento universitario encontra un reto real, sucede a maxia: créase valor, créanse oportunidades e créase futuro para Galicia."

+600
estudantes interesados
O programa

Un ecosistema de innovación para Galicia.

O Programa Innovación e Talento Novo conecta emprendedores e empresas emerxentes de Galicia con estudantes universitarios de último ano da USC, UVigo e UDC, que desenvolven o seu TFG ou TFM resolvendo un reto real.

A Xunta de Galicia e a Rede de Polos de Emprendemento actúan como pontes institucionais. U4IMPACT xestiona toda a operativa, o matching e o acompañamento de cada proxecto.

Misión

Converter necesidades reais de emprendemento en proxectos universitarios con impacto directo no ecosistema galego.

Visión

Consolidar Galicia como referente en transferencia de coñecemento entre universidades e ecosistema emprendedor.

Quen participa e para que

Un programa que beneficia a todo o ecosistema.

Os estudantes
Desenvolven o seu TFG/TFM sobre retos reais de emprendedores galegos, gañando experiencia práctica e incrementando a súa empregabilidade.
Os emprendedores
Reciben apoio en innovación, dixitalización, marketing, negocio ou sostibilidade sen custo directo, acelerando os seus proxectos.
As universidades
USC, UVigo e UDC conectan aos seus estudantes co ecosistema emprendedor galego, reforzando a transferencia de coñecemento.
A Xunta e a Rede de polos
Actúan como pontes institucionais entre emprendedores e talento novo, dinamizando o ecosistema dos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia.
Para o emprendedor

¿Que gaña un emprendedor en Innovación e Talento Novo?

Participar é sinxelo, sen custo e con resultados demostrados en dúas edicións.

9/10
NPS emprendedores
640h
Traballo propio aforrado
5.000€
Valor economizado est.
+96
Proxectos inscritos
Innovación real aplicada ao teu negocio sen custo directo nin burocracia
Acceso a talento universitario especializado das tres universidades galegas
Sen custo de participación: programa financiado pola Xunta de Galicia
Visibilidade no ecosistema universitario galego e no Demo Day do programa
Certificado acreditado pola Xunta de Galicia, as universidades e U4IMPACT
Posibilidade de incorporar ao estudante ao teu equipo ao finalizar o proxecto
Tipos de proxectos

Áreas de necesidade e tipologías de proxectos.

Calquera necesidade real dunha empresa ou emprendedor de Galicia ten cabida no programa. Non hai restrición de sector nin de tamaño.

Marketing e Comunicación

Posicionamento, captación de clientes, redes sociais, branding e estratexia de comunicación para startups en etapas temperás.

Negocio e Estratexia

Modelos de negocio, diversificación, mercados, análise competitiva e estratexia de internacionalización.

Turismo e Territorio Rural

Proxectos de turismo sostible, nómades dixitais, roteiros e dinamización do rural galego.

Tecnoloxía e Datos

Software, intelixencia artificial, automatización de procesos e solucións dixitais aplicadas ao negocio.

Sostibilidade

Economía circular, impacto ambiental, certificacións e estratexias ESG para empresas emerxentes.

¿Non sabes como formular o teu reto? Temos exemplos reais para inspirarte e atopar o encaixe perfecto.

Ver exemplos de proxectos
Voces do programa

O que din quen participa.

Emprendedores e empresas

★★★★★9/10

"Poder contar con talento nun departamento da empresa no que non houbera sido posible contar con persoal cualificado por falta de medios e orzamento."

R

Round Finance

Emprendedor · Asesora Financeira Europea

★★★★★9/10

"A estudante entende perfectamente a nosa identidade de marca e os valores que queremos transmitir."

S

Sembra Biojoyas

Emprendedora · Comunicación e Sostibilidade

★★★★★10/10

"O nivel técnico do estudante sorprendeunos. Está a construír algo que realmente nos vai a cambiar a operativa con provedores."

M

MVICO Experience

Emprendedor · Automatización loxística

Estudantes ImpactMakers de Galicia

🎓

"O que me impulsa é usar a intelixencia artificial para resolver unha situación que impacta directamente no mundo profesional de Galicia."

R

Raúl G.

Ing. Informática · UDC · IA aplicada a normativas

🎓

"Non se trata dun exercicio teórico, é un reto real proposto por unha empresa que conecta cunha problemática actual. Iso cámbiao todo."

X

Xela A.

ADE · UVigo · Impacto do teletraballo en contornas rurais

🎓

"Motívame traballar sobre un proceso industrial real onde os resultados se poden ver de forma tanxible e con impacto directo na empresa."

B

Bruno B.

Ing. Informática · UDC · Automatización loxística con IA

Como funciona

Impulsar o teu proxecto é máis fácil do que parece.

En menos de 15 minutos defines o reto. Nós facemos o resto.

01
Propós o teu reto
O técnico do teu Polo de Emprendemento ou ti directamente cubrís un breve formulario describindo a necesidade. Sen tecnicismos nin burocracia.
02
Presentámosche ao estudante
U4IMPACT selecciona o candidato máis adecuado entre os estudantes da USC, UVigo e UDC. Ti aprobas o encaixe antes de arrancar.
03
Kick-off conxunto
Emprendedor, estudante, titor universitario e PM de U4IMPACT acordan o plan, fitos e datas nunha soa reunión.
04
Desenvolvemento real
O estudante traballa no teu reto con seguimento quincenal do PM e do emprendedor. 4-5 meses de traballo real con impacto.
05
Resultado e Demo Day
Presentación final, certificado acreditado pola Xunta e as universidades, e opción de incorporar ao estudante ao teu proxecto.
Sen custo para o emprendedor
Acordo de confidencialidade incluído
1-2 horas de dedicación ao mes
PM de U4IMPACT xestiona todo o seguimento
Apoio do teu Polo de Emprendemento
Rede de Polos de Emprendemento

A presenza territorial que fai posible o programa.

A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia é a infraestrutura territorial que fai posible este programa. Os técnicos e técnicas de cada Polo coñecen de primeira man os emprendedores e as empresas emerxentes do seu territorio, identifican as necesidades reais e conectan o ecosistema local co talento universitario a través de U4IMPACT.

O que fan os técnicos dos Polos

  • Identifican emprendedores con necesidades reais e potencial de innovación
  • Trasladan a U4IMPACT os proxectos con mellor encaixe para un TFG/TFM
  • Avalan o programa ante o emprendedor e facilitan o contacto inicial
  • Actúan como embaixadores do programa no ecosistema local
  • Participan no Demo Day como coprotagonistas do impacto

"Sen os Polos, o programa non existe. Son a ponte entre o ecosistema emprendedor galego e o talento universitario."

Polo de Emprendemento de Ferrol

A Coruña

Polo de Emprendemento de O Porriño

Pontevedra

Polo de Emprendemento de Silleda

Pontevedra

Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa

Pontevedra

Polo de Emprendemento de Friol

Lugo

Polo de Emprendemento de Coristanco

A Coruña

Polo de Emprendemento de Verin

Ourense

E moitos máis…

15 polos en todo o territorio galego

Preguntas frecuentes

Todo o que necesitas saber.

Para emprendedores e empresas

¿Canto custa participar?

A participación está financiada pola Xunta de Galicia no marco da Rede de Polos de Emprendemento. Non hai custo directo para o emprendedor ou empresa participante.

¿Que tipo de emprendemento pode participar?

Calquera emprendedor ou empresa emerxente de Galicia con necesidade real de innovación. Non hai requisito de tamaño mínimo nin de sector. O teu Polo axudarache a valorar o encaixe.

¿Que dedicación require o emprendedor?

Aproximadamente 1-2 horas ao mes. Kick-off, seguimento quincenal de 30-45 minutos e presentación final. U4IMPACT xestiona toda a coordinación.

¿A miña información e reto están protexidos?

Si. Empresa e estudante asinan un acordo de confidencialidade antes de iniciar o traballo. O reto non se publica nin comparte sen autorización explícita.

¿Podo contratar ao estudante ao rematar?

Si. Se a colaboración funciona ben e hai interese mutuo, podes incorporar ao estudante ao teu equipo ao finalizar o TFG/TFM.

Para estudantes e universidades

¿Como se seleccionan os estudantes?

U4IMPACT realiza o matching entre o perfil do reto e os estudantes dispoñibles na USC, UVigo e UDC. O titor académico valida a idoneidade antes do arranque.

¿Que universidades participan?

As tres universidades públicas de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVigo) e Universidade da Coruña (UDC).

¿Como se financia o programa?

Impulsado e financiado pola Xunta de Galicia no marco da Rede de Polos de Emprendemento, con U4IMPACT como operador técnico.

Son estudante, ¿como podo participar?

Podes preinscribirte no programa a través do formulario de estudantes en u4impact.org. Contactarémoste cando haxa un reto que encaixe co teu perfil.

¿O teu emprendemento ten un reto que resolver co talento universitario galego?

Cuéntanoslo e axudámoste a definilo nunha proposta clara. Sen custo, sen burocracia. O teu Polo de Emprendemento tamén pode acompañarte.

Proxectos emprendedores inscritos

+96

en toda Galicia a través da Rede de Polos

Estudantes universitarios mobilizados

+600

da USC, UVigo e UDC en dúas edicións